Alumnos e alumnas do Colexio Salesianos interésanse polo labor do Goberno nunha visita á Casa Consistorial

Manuel Núñez recibiu a un grupo de 50 nenos e nenas deste colexio lugués

Xoves, 17 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnos e alumnas do Colexio Salesianos interésanse  polo labor do Goberno nunha visita á Casa Consistorial

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, recibiu este xoves no Salón de Plenos a un grupo de 50 nenos e nenas de ao redor de 8 e 9 anos do Colexio Salesianos de Lugo. Durante o encontro, os cativos e cativas amosaron a súa curiosidade polo labor desempeñado por parte do Goberno Municipal. “Abrir o Concello á cidadanía é sempre gratificante, e moito máis cando os visitantes son nenos e nenas en idade escolar, con ansias de aprender”, subliñou o edil

Noticias relacionadas