A área de Medio Rural renova o firme da estrada de Conturiz a Cardoso para incrementar a seguridade viaria na zona

As obras, que comenzaron este venres e se prevé que finalicen esta mesma semana, teñen un custo de 73.894€.

Luns, 20 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Rural renova o firme da estrada de Conturiz a Cardoso para incrementar a seguridade viaria na zona

A área de Medio Rural que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández acomete estes días as obras de mellora da estrada de Conturiz a Cardoso, nas parroquias de Santo André de Castro e San Mamede dos Anxos.

"Trátase de obras coas que pretendemos incrementar a seguridade viaria nunha calzada que se atopa moi deteriorada debido á súa antigüidade, ao uso que ten e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que urxía proceder á súa rehabilitación”, explicou o concelleiro.

Miguel Fernández referiu que as tarefas, que teñen un custo de 73.894 euros e se prevé que finalicen esta mesma semana, consistirán na renovación con aglomerado en quente de 2.290 metros firme, repartidos entre o itinerario principal e dous ramais que discorren pola zona". Os labores veñen a sumarse, segundo sinalou o edil, ás obras de ampliación da rede de abastecemento que o Concello executou recentemente.

O responsable de Medio Rural destacou a importancia das actuacións, financiadas ao abeiro do Plan Único da Deputación Provincial, “que desenvolvemos despois de escoitar as necesidades que nos traslada a veciñanza da zona pero que non só beneficiará ás persoas residentes nestes núcleos senón que reverterá no conxunto do tráfico rodado que circula pola zona”, concluíu Miguel Fernández.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre o arranxo na Estrada de Conturiz a Cardoso | Descargar mp3

Noticias relacionadas