O Concello repón as camas elásticas do parque infantil de Campo Castelo que foron vandalizadas

Xoves, 18 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello repón as camas elásticas do parque infantil de Campo Castelo que foron vandalizadas

O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, avanzou este xoves que o Concello de Lugo vén de repoñer as dúas camas elásticas do parque infantil de Campo Castelo que foron vandalizadas. “Completamos os traballos de substitución das camas afectadas e, así mesmo, xa se levou a cabo a retirada do valado instalado para evitar riscos de caídas, polo que xa se atopan novamente a disposición dos cativos e cativas”, anunciou o concelleiro.

Fernández pediu novamente colaboración á cidadanía para respectar os espazos públicos e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos”. “É importante chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala. Como comunidade debemos denunciar calquera acto de vandalismo ", apuntou.

O responsable de Transición Ecolóxica insistiu en “apelar á concienciación cidadá para evitar que no futuro se repitan situacións como a acontecida neste parque recentemente renovado”.

Multimedia

  • O Concello repón as camas elásticas do parque infantil de Campo Castelo que foron vandalizadas

Noticias relacionadas