A carreira popular Lugo Monumental celebrará a súa vixésima edición o vindeiro 17 de decembro impulsada polo Concello de Lugo

As inscricións abrirán esta medianoite ata o vindeiro 10 de decembro.

Obsequiarase a todos e todas os e as participantes adultos/as cunha camiseta conmemorativa e para as categorias inferiores haberá entrega de medallas.

A carreira estará limitada a 1.200 adultos e toda a información do evento atópase dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com

Xoves, 16 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A carreira popular Lugo Monumental celebrará a súa vixésima edición o vindeiro 17 de decembro impulsada polo Concello de Lugo

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, anunciou este xoves a data de celebración da vixésima edición da carreira popular Lugo Monumental. “Será o vindeiro domingo 17 de decembro cando celebremos o 20 aniversario desta cita deportiva, moi arraigada na cidade, que organizamos dende o executivo municipal”, avanzou.

“A proba, que contará cunha distancia aproximada de 10 quilómetros, terá tanto a saída como a meta na Avenida de Ramon Ferreiro, coa Praza Horta do Seminario como centro de operacións da organización, como en edicións anteriores”, explicou o edil, quen subliñou que “o percorrido seguirá sendo en parte circular ao redor da Muralla, cunha última volta por encima do adarve, mantendo o espírito de todas as edicións anteriores”.

A Lugo Monumental contará co patrocinio de Caixabank, como en anteriores anos, e suporá o pistoletazo de saída a novas carreiras e eventos populares ao longo do ano 2024. “Dende a Concellería de Deportes xa estamos a traballar na celebración dunha nova edición do Circuito Corre con Nós 2024 e a colaborar coa VI Edicion da Media Maraton de Lugo na primavera deste vindeiro ano”, detallou Bustos.

Para celebrar o 20 aniversario da carreira Lugo Monumental, obsequiarase a todos e todas os e as participantes adultos/as cunha camiseta conmemorativa. Ademais, para as categorias inferiores haberá entrega de medallas ao finalizar as súas carreiras.

A carreira estará limitada a 1.200 adultos e toda a información do evento atópase dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com As inscricións abrirán esta media noite (a partir das 00:00 horas) ata o vindeiro 10 de decembro. Serán totalmente de balde para as categorías menores.

Percorridos

SAÍDAS E META situada na AVDA RAMON FERREIRO (Praza HORTA DO SEMINARIO):

  • 11:00 h PITUFOS (2016-2019) 250 metros.
  • 11:10 h SUB 10 – SUB 12 ( 2012-2015) 950 metros.
  • 11:20 h SUB 14 – SUB 16 ( 2006 – 2011) 1.900 metros.
  • 11:30 h ADULTOS ( 2007 e Anteriores ) 10.000 metros.

Noticias relacionadas