COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Luns, 21 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Detención por violencia de xénero

Sobre as 10:15 horas do día 18 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa que un vehículo obstaculiza un vao na rúa Santo Graal e ao seu lado áchase un home que presenta signos de embriaguez e que ten sangue nos beizos. Os axentes entrevístanse con esta persoa e maniféstalles que vive coa súa noiva nese edificio e que estiveron a celebrar un aniversario, polo que unha patrulla trasládase á vivenda, atopando á muller en estado de embriaguez e presentando cortes recentes nunha boneca, manifestando que caeu e que “non pasou nada”.

Os axentes localizan a unha testemuña que vive no mesmo domicilio que a parella e manifesta que discuten de maneira habitual e que no día de hoxe espertouse por uns fortes golpes, escoitando como o home ameazaba de morte á súa parella e que viu como se puxo encima dela e a agredía. Os policías realizan unha inspección ocular no interior da vivenda observando como a cociña estaba completamente revolta, unha cadeira rota e cristais rotos dun vaso polo chan polo que, ante os evidentes indicios dun delito de violencia de xénero, proceden á detención do home de 39 anos de idade, sendo trasladado a un centro médico da cidade e requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 para a atención da vítima, momento que manifestou que lle agredía na boneca e deulle varias puñadas na cadeira, sendo trasladada ao HULApara a súa valoración médica. O home posteriormente foi conducido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

Agresión en interior dun local de hostalería

Sobre as 5:15 horas do día 20 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un local de hostalería da rúa Milagrosa xa que ao parecer unha muller fora agredida. Os axentes son recibidos pola requirentea cal manifesta que estaba cunha amiga nun bar da zona falando en galego, momento no que se achega un home que comezou a recriminarlle por utilizar este idioma, colléndoa fortemente polos brazos e ameazándoa, sacándolle unha foto co seu teléfono móbil.

Os policías proceden a realizar unha batida pola zona localizando a esta persoa na Avenida da Coruña, procedendo á súa identificación e instruíndose dilixencias en dependencias policiais por estes feitos, quedando á espera de que a agredida presente a correspondente denuncia.

Agresión no ámbito familiar

Sobre as 15:45 horas do día 20 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á Avenida dos Deportes xa que un home denuncia que foi agredido pola súa muller.

Os axentes son recibidos polo denunciante que lles manifesta que cando estaba en compañía da súa muller e o seu fillo de pouca idade, mantivo unha discusión coa súa muller xa que el atopábase falando por teléfono cun familiar e recriminouno que estivese a falar tanto tempo, polo que se subiron ao seu vehículo e nun momento dado a súa esposa propinoulle un golpe no ollo que inicialmente é de pouca consideración.

A muller indica aos axentes que lle deu un pequeno golpe para que calase xa que non quería que seguisen discutindo diante do menor. O home rexeitouasistencia sanitaria e manifesta a súa intención de denunciar estes feitos polo que se instrúen dilixencias para a súa remisión ao Xulgado correspondente.

Persoa encerrada no interior dun local de lecer nocturno

Sobre as 6:00 horas do día 19 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un local de lecer nocturno da rúada Cruz xa que unha persoa quedara encerrada no interior do local. Os axentes comproban que esta persoa quedou durmida no baño, polo que se localiza ao xerente do establecemento, co que se realiza unha inspección do local, estando todo en orde, procedendo á identificación da persoa que é liberada.

Accidentes de circulación e delitos contra a seguridade viaria

- Ás 3:50 horas do día 19 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á rúa Ramón Cabanillas xa que un vehículo chocara contra TRES estacionados. Os axentes observan que o condutor se atopa baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que é requirido para someterse ás probas regulamentarias, pero ao soprar no etilómetrofaino de forma incorrecta pois simula facelo dentro da embocadura, sen que realice a proba correctamente, a pesar de que é advertido das consecuencias que isto conleva, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria por NEGATIVA á realización das probas de alcoholemia, sendo retirado o vehículo co guindastre ao depósito municipal onde queda inmobilizado.

- Ás 23:10 horas do día 20 de marzo un equipo de Atestados trasládase á rúaChamoso xa que ao parecer producírase un accidente de tráfico. Os axentes comproban que un vehículo chocara contra CATRO vehículos estacionados e con anterioridade chocara contra outro estacionado na rúa Ramón Montenegro e á súa vez desprázao e choca contra as instalacións dun establecemento comercial e se interna no local. O condutor presenta signos de embriaguez e é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1’03 mg/l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. (Adxúntanse imaxes)

- Sobre as 22:00 horas do día 20 de marzo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á Avenida Infanta Elena confluencia con Paulo Fabio Máximo xa que se producira un accidente de circulación, observando que estaban implicados dous vehículos e un dos acompañantes dun turismo resultara ferido e estaba a ser excarcerado por unha dotación de Bombeiros, sendo evacuado a un centro médico por unha ambulancia. Os dous condutores resultaron feridos de menor consideración, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado NEGATIVO, instruíndose atestado por accidente de circulación.

Localización de vehículo por embargo

Procédese á localización dun vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura e captura por EMBARGO, sendo precintado no Depósito Municipal ao dispor da Autoridade competente.

Multimedia

  • COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO
  • COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Noticias relacionadas