COMUNICADO DE PRENSA DE POLICIA LOCAL DE LUGO

Martes, 23 de agosto de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

Durante a xornada do luns 22, os axentes da Unidade de Atestados, Unidade Territorial de Policía de Barrio e Grupo Operativo Nocturno, continuaron coa realización de filtros de seguridade viaria, durante os cales puideron detectar as seguintes infraccións:

3 vehículos circulando sen ser sometidos á inspección técnica periódica no prazo regulamentario, o que conleva consigo unha sanción económica de 200 euros.

1 turismo circulando sen ter concertado o seguro obrigatorio, o que carrexa unha sanción económica de 1.500 euros.

1 VMP circulando ocupado por dúas persoas, cando tan só pode ser utilizado polo seu condutor, que conleva sanción económica de 100 euros.

O mesmo vehículo, ademais, circulaba en horario nocturno sen facer uso de ningún tipo de iluminación nin elemento reflectora, o que é considerado unha infracción grave, castigada cunha sanción económica de 200 euros.

1 condutor sorprendido manexando un turismo sen obter nunca o permiso de conducir, polo que se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria polo procedemento de xuízo rápido.

1 condutor sorprendido manexando un turismo perdendo a vixencia do seu permiso pola perda total de puntos, polo que se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

En ambos os casos poderá corresponder unha pena de prisión de 3 a 6 meses ou multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

1 condutor ao que se observa unha condución irregular e, unha vez sometido ás probas regulamentarias de detección do grao de impregnación alcohólica, lanza resultado de 0.56 e 0.52 mg/L, polo que foi denunciado administrativamente, o que leva aparellada unha sanción económica de 1000 euros e a detracción de 6 puntos do permiso de conducir.

Traballador sen contrato

Ás 23’45 horas do luns, un indicativo do Grupo Operativo Nocturno observa a presenza dun individuo manexando unha bicicleta e cunha bolsa / maleta, co logotipo dunha empresa de transporte de comida a domicilio; o cal se introduce nun local de hostalería de Camiño Real e espera na barra a que lle entreguen un pedido, tras o cal sae ao exterior, onde é identificado polos axentes, manifestando traballar para o devandito local repartindo pedidos de comida, aínda que carece de contrato e non está dado de alta como autónomo, xa que aínda está en trámites para arranxar os “papeis” para quedar en España.

Aínda que a persoa que rexentaba o local nese momento negou rotundamente os feitos, pasouse comunicación á Inspección de Traballo.

 

Noticias relacionadas