A concellería de Xuventude lanza unha nova campaña de sensibilización vial con accións a pé de rúa e charlas preventivas

Esta campaña, contempla diferentes actuacións dirixidas á mocidade para disuadir de determinados hábitos de consumo.

Haberá intervencións na rúa, realizaranse xornadas interactivas para comprobar os efectos e consecuencias perigosas do consumo de alcol e levaranse a cabo sesións informativas e interactivas.

Mércores, 05 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude lanza unha nova campaña de sensibilización vial con accións a pé de rúa e charlas preventivas

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas (PNsD), concretamente ao subprograma “Lugo Car-Bar” adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, levará a cabo unha “nova campaña de sensibilización vial centrada nos riscos da conducción baixo estímulos como as drogas, o alcohol en particular, o uso do móbil, con diferentes accións de rúa dirixidas á mocidade” explicaba o edil.

Segundo informou o Repetto, esta campaña, contempla diferentes actuacións dirixidas a disuadir á mocidade de determinados hábitos “precisamente nos puntos onde se poidan rexistrar concentracións, sobre todo en horario nocturno, e chama a atención sobre o consumo de alcol e outras substancias” apuntaba.

Concretamente, serán seis as intervencións na rúa, en horario de tarde, que contarán cun aula móvil, un circuíto de kart eléctrico, e un simulador de conducción zonas onde se detecta un amplo número de mozos e mozas para informar das diferentes alternativas que teñen para ocupar o lecer de forma diferente e saudable.

Contémplase ademais a identificación de situacións de risco a través de metodoloxías interactivas para comprobar os efectos e consecuencias perigosas do consumo de alcol, realizando actividades baseadas na demostración dos efectos e consecuencias do alcohol e doutras drogas, podendo para iso ofrecer á mocidade folletos, xogos de habilidades, etc.

Ademáis, está contemplado realizar sesións informativas e interactivas (de 2 horas e media cada unha) sobre a condución baixo os efectos de sustancias psicoactivas e co uso do móbil. As xornadas estarán dirixidas a estudantes, profesorado, familias, profesionais, asociacións e cidadáns en xeral.

INTERVENCIÓNS DE TARDE

Información e demostración das consecuencias do trinomio condución, drogas e móbil. Das 15:30 ás 21:30h.

  • 13 de abril na Praza do Camiño Primitivo
  • 20 de abril na Praza Aguas Férreas
  • 27 de abril na Rúa Benigno Ledo
  • 29 de abril no Aparcadoiro As Termas
  • 05 de maio na Praza Horta do Seminario
  • 06 de maio no parque da Milagrosa

INTERVENCIÓNS DE NOITE

Análise e demostración das consecuencias do binomio condución e drogas. Das 22:00 ás 2:00h.

  • 06 de maio na Praza Pío XII
  • 13 de maio no Anfiteatro (USC)
  • 20 de maio no parque Rosalía de Castro

CHARLAS ABERTAS (Capacidade 100 persoas)

Xornadas de prevención e sensibilización vial: alcohol, outras drogas e móbil. Das 10:30 ás 12:30h.

  • 02 de maio no C.C. Uxío Novoneyra
  • 10 de maio no C.C. Fingoi
  • 18 de maio no C.C. Uxío Novoneyra

Noticias relacionadas