Conclúe con éxito o programa de concertos didácticos nos colexios, organizados polo Concello

Na cuarta edición deste ciclo participaron 19 centros educativos da cidade. Mañá e pasado, ás 11:00 horas, no Auditorio Gustavo Freire, terán lugar dous concertos dirixidos aos cativos dos colexios da contorna de Lugo

O auditorio acollerá mañá a partir das 19:30 horas unha sesión dirixida aos alumnado da Escola de Música de Lugo e ao público en xeral. A entrada é gratuíta

Martes, 14 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Conclúe con éxito o programa de concertos didácticos nos colexios, organizados polo Concello

Conclúe con éxito o programa de concertos didácticos da Escola e a Banda Municipais de Música de Lugo en colexios. Así o deu a coñecer este martes o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen lembrou que dende o pasado 5 de abril, a música achegouse a 19 centros educativos, Sagrado Corazón, La Inmaculada –Maristas-, Salesianos Divina Pastora, A Ponte, Illa Verde, Rosalía de Castro, Anexa, Albeiros, A Milagrosa, San José, Cee Santa María, Casás, Luís Pimentel, Virxe da Soidade, Fingoi nº1, Menéndez Pelayo, Manuel Mallo Mallo, Benigno Quiroga Ballesteros e As Mercedes.

Esta foi a cuarta edición deste ciclo posto en marcha polo Concello, que permite ensinar aos cativos e cativas de entre 3 e 12 anos os diferentes instrumentos musicais e achegarse á música en vivo dun xeito lúdico. O Concelleiro destacou a importancia que ten dar a coñecer tanto a Escola como a Banda Municipal para que os máis pequenos as coñezan e se afeccionen á música a través de actividades lúdicas.

Mañá mércores, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, a partir das 11:00 horas, terá lugar un concerto para os nenos e nenas dos colexios da contorna de Lugo. Asistirán preto de 700 cativos dos centros Virxe da Luz de Portomarín, Veleiro do Campo de Castro Riberas de Lei, San Tomé de Carballo de Taboada, Paradai, Lagostelle de Guitiriz, Dr. López Suárez de Friol e o de Cervantes, ademais de Paradai. En sesión de tarde, ás 19:30 horas, realizarase outro pase para o alumando da Escola Municipal de Música de Lugo e para o público en xeral.

O derradeiro concerto terá lugar ás 11:00 horas o xoves, 16 de xuño, dirixido a preto de 700 cativos dos centros Uxío Novoneyra de Pedrafita do Cebreiro, Melide nº1, O Salvador da Pastoriza, Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, Baamonde, As Nogais, Bretoña, O Corgo, Lagostelle de Guitiriz e Otero Pedrayo de Rábade. 

Noticias relacionadas