Maite Ferreiro presenta o concerto Mihlnovum Música Antiga

A actividade terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro sábado, 6 de abril, a partir das 19:00.

Ferreiro presentou a actividade xunto coa soprano Alma Senlle e os instrumentistas Xosé María Grandío e Txuso Juaristi.

Martes, 02 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta o concerto Mihlnovum Música Antiga

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o concerto de música antiga "Mihlnovum" que terá lugar no Vello Cárcere o vindeiro sábado, 6 de abril. Ferreiro afirmou que "seguimos ampliando a programación cultural de Lugo con distintas propostas de calidade para que toda a veciñanza atope algo do seu gusto na extensa axenda cultural de Lugo".

O concerto terá lugar o vindeiro sábado, 6 de abril, a partir das 19:00 no Vello Cárcere e contará coa soprano Alma Senlle, Xosé María Grandío a cargo das violas medievais, órgano portativo e coros e Txuso Juaristi nas guitarras e laúdes.

Multimedia

  • Maite Ferreiro presenta o concerto Mihlnovum Música Antiga

Noticias relacionadas