Cristina López reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza coñeceu de primeira man as necesidades da Asociación de cara a futuras colaboracións.

"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou López.

Martes, 23 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo

A concelleira de Participación do Concello de Lugo, Cristina López, mantivo unha xuntanza con Anjhara Gómez, presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, que ten como obxectivo incorporar á muller de xeito activo na vida empresarial e profesional. Durante a xuntanza, López escoitou as demandas deste colectivo da man da súa presidenta, e aportou información sobre os proxectos máis inmediatos, e tamén os futuros, que se están a desenvolver dende a Área da que é responsable.

Cristina López mantivo esta xuntanza seguindo na liña de traballo da Tenencia de Alcaldía, coñecendo de primeira man as propostas e necesidades do tecido asociativo da cidade.

A concelleira afirmou que o Goberno atenderá ás propostas e solicitudes presentadas tanto polas asociacións como pola veciñanza de Lugo. "Traballamos para seguir impulsando a nosa cidade”, afirmou Cristina López, que engadiu “desde a Tenencia de Alcaldía estudamos todas as propostas traballando sempre para mellorar todos os espazos públicos do noso concello”.

Audio

  • A concelleira de Participación, Cristina López, sobre a reunión coa AELU | Descargar mp3

Multimedia

  • Cristina López reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo

Noticias relacionadas