A inversión do Goberno nos Bombeiros de Lugo supera o millón e medio

A Alcaldesa achegouse este venres ás instalacións destes profesionais, onde anunciou un novo investimento de 147.000 euros para a sustitución do sistema de comunicación e actualización dos equipos de excarcelación, entre outros

A adquisición dun camión escada de 42 metros, un furgón mixto, un vehículo autobomba nodrizo, a compra de novo vestuario, material para o ximansrio e acondiciomaneto da torre de prácticas son algunhas das inversións realizadas

"Dotar ao equipo de bombeiros de mellores instrumentos, material e formación é dotar ao veciño de máis seguridade", asegurou Méndez, quen definiu ao corpo de bombeiros como un servizo esencial, non só para o Concello, senón tamén para a cidadanía

Venres, 08 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A inversión do Goberno nos Bombeiros de Lugo supera o millón e medio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse este venres ás instalacións dos Bombeiros de Lugo, onde deu conta das inversións realizadas polo Goberno nos dous anos de mandato, que superan 1,5 millóns de euros. Concretamente, adquiriuse un camión escada de 42 metros, por 950.000 euros, un furgón mixto, de 58.800 euros, unha camilla que permite o traslado de vítimas en calquera posición e seis cordas de rescate en altura (6.000 euros). Así mesmo, tamén se acondicionou a torre de prácticas, instaláronse extractores de gases nos camións e adquiriuse un armario para as recargas de botellas de respiración, por uns 130.000 euros. A maiores, renovouse material para o ximnasio (10.000 euros), compráronse sillas para o comedor (2.000 euros), e actualizouse o vestiario (30.000 euros). O Concello tamén adquiriu un vehículo autobomba nodriza pesada para exticinción de incendios e salvamento, valorado en 340.800 euros. Este vehículo incorporarase ao parque móbil dos bombeiros a finais de ano, e con este serán 9 automóbiles cos que contarán os 41 profesionais deste servizo municipal.

"Dotar ao equipo de bombeiros de mellores instrumentos, material e formación é dotar ao veciño de máis seguridade", asegurou na visita a Alcaldesa, quen definiu ao corpo de bombeiros como un servizo esencial, non só para o Concello, senón tamén para a cidadanía.

Para o Goberno, estas adquisicións son un paso máis en materia de seguridade, posto que se facilita o labor dos bombeiros, garantindo con elo unha resposta áxil, adecuada e eficaz ás incidencias nas que se requira a súa intervención.

Nesta visita a este servizo municipal, que no primeiro semestre atendeu 278 incidencias, Méndez reiterou a aposta pola seguridade e modernidade da plantilla cun novo investimento de 147.000 euros para a sustitución do sistema analóxico de comunicación por un sistema dixital (51.000 euros), actualización dos equipos de excarcelación (21.000 euros), obras de acondicionamento das instalacións (60.000 euros) e o cambio de entronque da auga, para facer a recarga de forma máis áxil.

Máis polo miúdo, en canto ao sistema de comunicación, que terá cobertura en calquer punto do municipio, instalarase o repetidor e as unidades emisoras, compraranse 4 emisoras portátiles, os cargadores, accesorios e cableados e certificarase o novo sitema. No que se refire ao equipamento de rescate, executarase o mantemento da bomba hidráulica, con motor de gasolina, comprobación, revovación e transformación da tecnoloxía e adquisicón de mangueiras. Tamén, no que atinxe ao acondiconamento das instalacións, pintarase a nave e as portas ou revestiranse os soportais, entre outros.

Convocatoria de 12 prazas

O Goberno traballa para sacar a concurso 12 prazas (pertencentes á oferta de emprego público do 2015 e 2016) antes de que remate o ano. Tal e como indicou a rexedora, as bases xa están elaboradas, e estanse ultimando os trámites administrativos para convocar estas prazas de bombeiros, dos que Lara Méndez puxo en valor o seu traballo e o espíritu de entrega. 

Audio

Multimedia

  • A inversión do Goberno nos Bombeiros de Lugo supera o millón e medio

Noticias relacionadas