Lara Méndez: “Agradezo que co teu esforzo leves o nome de Lugo ata o máis alto”

No  tartán do Estadio Olímpico de Tokio confirmouse como unha das mellores deportistas españolas acadando o ouro en 100 metros e a prata en 400 metros.

A alcaldesa de Lugo entregou un agasallo a atleta e desexou moitos éxitos na súa traxectoria.

Sábado, 11 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “Agradezo que co teu esforzo leves o nome de Lugo ata o máis alto”

A alcaldesa Lugo, Lara Méndez, ofreceu hoxe unha recepción oficial a Adiaratou Iglesias para trasladarlle os parabéns polos seus logros nos Xogos Paralímpicos de Tokio. “Agradezo que co teu esforzo leves o nome da nosa cidade ata o máis alto tanto a nivel nacional coma internacional” destacou a rexedora.

Ao acto asistiu tamén o edil de Deportes, Mauricio Repetto; os portavoces da Corporación Municipal; Adolfo Vila, entrenador de Iglesias así como familiares e amigos da atleta.

“É un orgullo para a cidade contar mulleres ca valentía, constancia e esforzo que demostras e agora novamente ten o seu recoñecemento convertido nun ouro e unha prata nestes Xogos Olimpicos de Tokio. Un logro que as e os veciños recibimos con moita satisfacción”, destacou a rexedora.

Adiaratou Iglesias:

Converteuse en dobre campioa absoluta de atletismo en Galicia en 100 e 200 metros fronte a atletas sen discapacidade. Non puido ir ao Europeo paralímpico de Berlín en 2018 porque os papeis da súa nacionalización non chegaron a tempo, pero si ao Mundial de Dubai en 2019, de onde regresou con dúas pratas (100 e 200 metros).

Proclamouse bicampioa de Europa en 100 e 400. No  tartán do Estadio Olímpico de Tokio confirmouse como unha das mellores deportistas españolas acadando o ouro en 100 metros e a prata en 400 metros.

Multimedia

  • Lara Méndez: “Agradezo que co teu esforzo leves o nome de Lugo ata o máis alto”

Noticias relacionadas