O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira responsable da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiron na Capela de Santa María á inauguración da exposición con motivo do 20 aniversario da creación do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Este fito representa dúas décadas de dedicación e paixón pola danza, así como un compromiso continuo coa arte e a cultura na nosa comunidade.
Maite Ferreiro destacou a importancia de impulsar a actividade do CDAN, xa que os conservatorios “son espazos fundamentais para nutrir o talento e fomentar a creatividade e desenvolvemento das e dos profesionais da danza, nunha das expresións artísticas máis fermosas á vista”, insistiu a concelleira de Cultura.