Lara Méndez despídese do xefe da comandancia da Garda Civil que ascende a xeneral de brigada

Luns, 11 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez despídese do xefe da comandancia da Garda Civil que ascende a xeneral de brigada

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez recibiu esta maña a Miguel Ángel González Arias, xefe da comandancia da Garda Civil de Lugo que ascende a xeneral de brigada ao que agradeceu a labor que realizou durante estes anos.

No encontro a rexedora destacou que “como alcaldesa e lucense, quero mandarche o noso afecto e gratitude e manifestar publicamente que es un exemplo para toda a cidadanía do bo facer e agardamos que, esta nova veña cargada de moitos éxitos” ao tempo que entregou diferentes agasallos para “que te sintas máis preto de Lugo”.

O coronel naceu en Lugo hai 57 anos e incorporouse como responsable da Comandancia de Lugo en outubro de 2013. Previamente desenvolveu a súa carreira profesional no servizo de Información de Biscaia e na unidade de servizos especiais do Servizo Central de Información en Madrid.

Noticias relacionadas