Lara Méndez preside a toma de posesión de tres axentes da Policía Local que se incorporan á Xefatura de Lugo en Comisión de Servizos

Xoves, 02 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a toma de posesión de tres axentes da Policía Local que se incorporan á Xefatura de Lugo en Comisión de Servizos

A alcaldesa, Lara Méndez, presidiu esta mañá a toma de posesión de tres Policías Locais que, durante o próximo ano, desempeñarán as súas funcións en Comisión de Servizos na Xefatura de Lugo.

No acto, no que tamén estiveron presentes a edil responsable da área económica, Paula Alvarellos e o Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, a rexedora aproveitou para dárllela a benvida aos novos axentes, procedentes nun dos casos do municipio de Sant Antoni de Portmany (Ibiza) e, nos outros dous, da Administración local de Sarria.

“Estamos encantados de que vos incorporedes ao Corpo, sumando efectivos e ampliando o cadro de persoal o que se suma a todos os esforzos que estamos facendo dende a concellería de Gobernanza para dotar á Policía Local de recursos humanos, materiais e de formación para cumprir o obxectivo último e final de protexer á cidadanía e facer de Lugo unha cidade mellor”, afirmou Lara Méndez.

A acaldesa trasladoulles tamén unha mensaxe de ánimo á que se sumou Jesús Piñeiro quen lles desexou aos novos compañeiros moita sorte no seu novo destino.

Multimedia

  • Lara Méndez preside a toma de posesión de tres axentes da Policía Local que se incorporan á Xefatura de Lugo en Comisión de Servizos

Noticias relacionadas