Lugo inicia mañá unha semana de actividades para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Ana González Abelleira presentou a programación que inclúe unha serie de táboas redondas, unha ofrenda floral, a lectura dun manifesto, actuacións musicais, a proxeción dunha película, un flasmob e un prendido de candeas

Luns, 23 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira presentou a programación para a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, presentou este luns no Salón de Plenos as actividades organizadas polo Concello para conmemorar o 25N, Día Internacional contra da Violencia de Xénero, que terán lugar dende mañá martes ata o 28 de novembro.

González Abelleira destacou que “a violencia de xénero é a manifestación máis evidente da desigualdade de xénero e supón a máis grave violación dos dereitos humanos das mulleres”. Neste senso, a Concelleira subliñou a obriga de todas as Administracións Públicas para previr a violencia contra a muller e erradicar o terrorismo machista.

“Coa organización destas actividades queremos berrar moi alto un ano máis que estamos en contra da violiencia machista, unha lacra da que foron vítimas nos últimos 15 anos 1.028 mulleres en toda España, e 56 en toda Galicia”, asegurou a edil. No que se refire a este ano, xa foron 48 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas, seis delas en Galicia. A Concelleira tamén fixo un chamamento á poboación para loitar contra a violencia de xénero ao tempo que denunciou os recortes dos recursos públicos xerais, nos dereitos sexuais, nos dereitos reprodutivos, nos da interrupción voluntaria do embarazado e nos recursos especializados contra a violencia de xénero.

4 días de actividades

As actividades arrancarán mañá ás 18:00 horas cunha táboa redonda no salón de actos do IES Lucus Augusti titulada Educación e prevención en contra da violencia de xénero:unha materia pendente. Experiencias dende o ámbito loca, a cargo da orientadora deste centro educativo e da pedagoga da Casa da Muller, Carmen Díaz e Belén Regueiro, respectivamente.

O 25 de novembro terá lugar unha ofenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia machista ás 12:30 horas na praza de Santo Domingo, onde se lerá un manifesto en contra da violencia de xénero e onde actuará a Banda Municipal de Música e Ruth León acompañada do guitarrista David Taboada. Ás 18:00 horas, no salón de actos do IES Lucus Augusti terá lugar a táboa redonda A violencia de xénero e a múltiple vulnerabilidade e ás 19:00 horas proxectarase na Casa da Xuventude a película El cuento de Duna, cun coloquio posterior e coa representación do flashmob Break de Chain dos alumnos e alumnas do IES Lucus Augusti. O día finalizará cun prendido de candeas diante da Casa da Xuventude. Por último, o xoves 26 de novembro ás 18:00 horas celebrarase a derradeira táboa redonda, Aspectos Xudiciais da Violencia de Xénero.

Os deportistas de Lugo móllanse contra a violencia de xénero

O sábado 28 de novembro ás 19:00 horas, o Club Natación Porta Miñá e o Club Sincro Ourense nadarán na piscina municipal de FRIGSA baixo o lema Móllate contra a violencia de xénero, ao tempo que lucirán gorros de cor violeta, a cor característica contra esta violencia.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre as actividades contra a violencia de xénero|Descargar mp3

Máis info

  • Programación con motivo da conmemoriación do Día Internacional contra a violencia de xénero |Descargar pdf

Multimedia

  • Ana González Abelleira presentou a programación para a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Noticias relacionadas