Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus, co apoio do Concello

Paula Alvarellos, acompañada de Ladislao Real e Emilio Ruíz, presentou esta mañá o evento que reunirá a 34 equipos de 12 provincias de todo o país.

A rexedora subliñou que “Lugo convertirase durante tres días no epicentro do mus nacional” e destacou “a repercusión económica desta cita para o municipio”.

A competición, organizada pola Federación Española de Asociacións de Mus, dará comezo este venres, ás 20:00 horas, no Hotel Mendez Nuñez "Salón Almirante Planta 1".

Venres, 01 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus, co apoio do Concello

Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus por equipos. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada por Ladislao Real e Emilio Ruíz, representantes da organización, presentaron esta mañá a segunda edición deste torneo que reunirá a 34 equipos procedentes de diversas provincias como Asturias, Segovia, Madrid, Ourense, A Coruña, Lugo, Pontevedra, León, Navarra, Bizkaia, Álava e Cantabria.

Alvarellos mostrou a súa satisfacción polo feito de que “Lugo se converta durante tres días no epicentro do mus nacional, acollendo un campionato que reunirá a un importante número de afeccionados e xogadores deste tradicional xogo de cartas”. Neste senso, agradeceu aos organizadores “que tiveran escollido a nosa cidade para albergar a segunda edición deste torneo, que de seguro superará o éxito da primeira, consolidando este campionato como unha cita ineludible para os afeccionados a este xogo”.

A rexedora subliñou, así mesmo, a repercusión económica desta cita, coa que colabora o Concello, para o municipio, especialmente para o sector da hostalería: bares, restaurantes, hoteles, e o comercio, así como do transporte de pasaxeiros.

A competición, organizada pola Federación Española de Asociacións de Mus, dará comezo este venres, a partir das 20:00 horas, no Hotel Mendez Nuñez "Salon Almirante Planta 1" e prolongarase ata o domingo. Desenvolverase baixo un sistema de 3 ceros, proporcionando unha emocionante dinámica de xogo que garante intensas xornadas de Mus. Os equipos que queden eliminados terán a oportunidade de seguir competindo nunha fase de parellas ao KO, asegurando así que o espírito competitivo se manteña vivo durante toda a fin de semana.

“Este evento non é só unha competición; é unha celebración do Mus, un deporte que combina estratexia, psicoloxía e, por suposto, un bo ambiente entre os participantes”, explicaron os representantes da organización.

Ademais, o campionato en Lugo ten un valor engadido este ano, xa que entre os premios para outorgar inclúense prazas para o Campionato de España de Mus que se celebrará en Ponferrada en setembro deste ano. “Isto engade un aliciente extra para os participantes, que non só buscan a honra de gañar en Lugo, senón tamén asegurar a súa presenza na competición de Ponferrada”, apuntaron.

No acto de presentación tamén participou a concelleira de Relacións Institucionais, Lara Méndez, e o deputado, Miguel Fernández. Ao rematar a presentación, a organización do campionato tivo un recoñecemento cara as administracións colaboradas, o Concello e a Deputación, así como co principal patrocinador privado, Cafés Candelas, coa entrega dunha mosqueira de cerámica.

Multimedia

  • Máis de 400 xogadores de toda España participarán esta fin de semana en Lugo no II Campionato Nacional de Mus, co apoio do Concello

Noticias relacionadas