Medio Ambiente reforza o servizo gratuíto de recollida de enseres para evitar a presenza de obxectos na vía pública

As peticións particulares deberán realizarse ao teléfono 982.254.483 pola mañá e ao 010 en horario de tarde.

Mércores, 30 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente reforza o servizo gratuíto de recollida de enseres para evitar a presenza de obxectos na vía pública

A Concellería de Medio Ambiente recorda que este verán puxo en marcha un reforzo do servizo gratuíto de recollida enseres, tanto nos barrios da cidade como nas parroquias do rural, a fin de reducir o número de obxectos que se depositan na vía pública.

Dado que entramos en período vacacional, e para seguir mantendo o servizo de avisos en xornada de tarde, activamos o teléfono 010 para solicitar a recollida dende o 15 de xuño ao 15 de setembro de luns a venres en horario de 14:00 a 20:30 e os sábados de 9:00 a 14:00. En xornada de mañá deberán seguir chamando ao teléfono de Urbaser 982.254.483, onde lles indicarán o día e a hora en que se efectuará a recollida.

Ademais deste servizo, a cidadanía de Lugo tamén pode levar os seus mobles, electrodomésticos e enseres vellos particularmente e de xeito gratuíto ao Punto limpo do Concello, que está situado no polígono do Ceao, na Rúa dos Carros. O horario de apertura é de luns a sábados, de 10:30 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Noticias relacionadas