O Concello pon a disposición da cidadanía o kit de limpieza Lu...guau!! para os ouriños dos cans nas oficinas do Seminario e na de LuceLugo

O obxectivo desta campaña, que inclúe máis de 1.000 recipientes con vinagre branco, é contribuír á limpeza da cidade e evitar malos olores, concienciando aos donos das mascotas.

Fernández apelou á responsabilidade colectiva e á obriga dos propietarios de cans no coidado tanto dos espazos públicos da cidade, como das fachadas das vivendas privadas.

Luns, 15 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello pon a disposición da cidadanía o kit de limpieza Lu...guau!! para os ouriños dos cans nas oficinas do Seminario e na de LuceLugo

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, informou este luns que o Concello de Lugo ten a disposición da cidadanía o kit de limpieza da campaña ‘Lu...guau!!’, consistente nun recipiente con vinagre branco que actúa de desinfectante natural para aclarar os ouriños dos cans e evitar malos olores, tanto na oficina de atención cidadá LuceLugo, ubicada na rúa Clérigos, como nas oficinas do servizo de Medio Ambiente, situadas no edificio administrativo do Seminario.

Fernández apelou á responsabilidade colectiva e á obriga dos donos de cans no coidado e limpeza tanto dos espazos públicos da cidade como nas fachadas das vivendas privadas, evitando manchas e malos cheiros. Neste senso, convidou ás e aos lucenses a unirse a esta campaña municipal, coa que o executivo de Paula Alvarellos busca concienciar aos propietarios dos cans para que sexan proactivos na limpeza dos ouriños das súas mascotas.

“Na nosa cidade contamos cun censo de máis de 15.000 mascotas, por iso é importante que nos corresponsabilicemos non só dos seus coidados, senón tamén do coidado e limpieza da cidade, en colaboración coa importante labor que está a desempeñar o servizo de Luce Lugo, sendo respectuosos cos espazos públicos e co mobiliario urbano, así como coas fachadas e portais das vivendas particulares”, indicou.

Esta campaña municipal supón a distribución de forma gratuíta dun kit hixienizante, que inclúe máis de 1.000 recipientes con vinagre branco, que actúa de desinfectante natural, que serán reutilizables. O líquido deberá botarse tras os ouriños dos cans para aclaralos e evitar malos olores e axudar, así mesmo, a que outras mascotas ouriñen no mesmo sitio.

Deste xeito, a veciñanza pode recoller os recipientes na oficina de atención cidadá do servizo de limpeza e recollida de lixo municipal, LuceLugo, de luns a venres laborables, en horario de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:15 horas; ou ben nas oficinas do servizo de Medio Ambiente, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Audio

  • O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, sobre a campaña 'Lu...guau!!' | Descargar mp3

Noticias relacionadas