O ciclo de masterclass online de nutrición que puxo en marcha Xuventude continúa mañá cunha sesión para evitar caer en antollos

Ángeles Novo imparte estas charlas, que se celebrarán todos os mércores ata o 7 de outubro, a través do  Facebook de Xuventude de Lugo

Martes, 25 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ciclo de masterclass online de nutrición que puxo en marcha Xuventude continúa mañá cunha sesión para evitar caer en antollos

O ciclo de masterclass online de nutrición que puxo en marcha a área de Xuventude continúa mañá cunha sesión que afondará en diversos trucos para non caer nin sucumbir a antollos.

A dietista-nutricionista Ángeles Novo é a encargada de dirixir este ciclo, que contempla distintas charlas, de xeito telémático, coas que o Concello busca ofrecer aos rapaces e rapazas educación nutricional e crear unha contorna saudable, dado que,  cada vez máis, as persoas mozas estanse desligando da dieta mediterránea e a inxesta de alimentos locais ou de tempada estase vendo diminuída en detracción dos produtos ultraprocesados e a comida precociñada.

Estas masterclass terán lugar todos os mércores ata o 7 de outubro, ás 12:30 horas en agosto e en setembro e outubro ás 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo.

Nas vindeiras semanas trataranse os mitos nutricionais, como mellorar o sistema inmune coa alimentación, almorzos, ceas e picoteos saudables e receitas doces.

Noticias relacionadas