O colexio Menéndez Pelayo gaña en accesibilidade coas obras de mellora que está a acometer o Goberno

Coa realización desta actuacións, o Goberno mantén de novo a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos máis de 400 alumnos e alumnos que asisten a este centro público e ás súas familias

Manuel Núñez supervisou as tarefas, que consisten na ampliación da rampla de acceso  infantil e a cuberta da mesma, e a elevación da cancela e da rampla de acceso a dita zona infantil

Domingo, 03 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O colexio Menéndez Pelayo gaña en accesibilidade coas obras de mellora que está a acometer o Goberno

O colexio Menéndez Pelayo gaña en accesibilidade coas novas actuacións de mellora que está a acometer estes días o Goberno nas súas instalacións. Trátase da ampliación da rampla de acceso a infantil e a cuberta da mesma, e a elevación da cancela e da rampla de acceso a esa zona de infantil.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou estas obras, que se acometen grazas ás modificiacións de crédito aprobadas o pasado 18 de agosto, coas que o Concello pode investir preto de 90.000 euros en melloras nas instalacións tanto de colexios públicos como en escolas infantís municipais. A execución das obras programadas que afecten a accesibilidade e comedor rematarán a finais da vindeira semana, antes de que comece o curso escolar.  

Coa realización destas actuacións, o Goberno mantén de novo a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos máis de 400 alumnos e alumnas que asisten a este centro educativo público e as súas familias.

Xunto con estas tarefas, o Concello acometerá obra de reparación e mellora noutros colexios , como por exemplo na Anexa, onde se colocará un zócalo cerámico, en todo o comedor a unha altura de entre un e dous metros, dependendo da parede, para evitar desconchados e filtracións, e o posterior pintado do resto das paredes e teitos, así como actuacións no patio da zona de infantil próxima ao areeiro, consistentes na reparación de xogos infantís, peches metálicos e do muro de formigón perimetral que presenta deficiencias. No colexio da Ponte, prevese a reparación da cuberta e a substitución da calexa; e no de Illa verde, o arranxo da cuberta e a substitución do policarbonato do porche do módulo de Infantil, unha obra demandada polo centro.

Así mesmo, e para iniciar o curso nas mellores condición de seguridade, tal e como asegurou Núñez, antes do comezo das clases, o Concello realizará labores de mantemento en todos os CEIP, que consistirán na substitución e revisión de luminarias, así como na limpeza xeral de aularios, dos patios e tamén dos sumidoiros; e no adecentamento das zonas verdes.

Multimedia

  • O colexio Menéndez Pelayo gaña en accesibilidade coas obras de mellora que está a acometer o Goberno

Noticias relacionadas