O Concello aproba a convocatoria de 33 prazas de persoal funcionario e laboral

A Oferta de Emprego Púbico inclúe prazas cubertas interinamente, as cubertas por traballadores en execución de sentenza, as vacantes da Policía Local procedentes das xubilacións do ano 2014 e as de promoción interna

Mércores, 23 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno aprobou este mércores a convocatoria de Oferta de Emprego Público para o ano 2015 –sometida á Mesa Xeral de Negociación do pasado 15 de decembro, composta por Goberno e sindicatos- con 33 prazas, 29 de persoal funcionario e 4 de persoal laboral. Seguidamente poñeranse en marcha os procesos selectivos para cada posto.
Nela inclúense prazas cubertas interinamente, as cubertas por traballadores en execución de sentenza, as vacantes na Policía Local procedentes das xubilacións do ano 2014 e as de promoción interna.

“Trátase dunha significativa oferta de emprego público, pois dende o ano 2009 non se convocara ningunha praza”, subliñou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen deu a coñecer que finalmente serán 33 e non 36 as prazas convocadas. As prazas que quedan sen convocar son unha de enxeñeiro de camiños, canais e portos e dúas de auxiliar administrativo, “unha decisión avalada por informes técnicos, cuxa posibilidade de non convocar xa se contemplara na Mesa Xeral de Negociación da pasada semana”, asegurou Piñeiro.

Prazas de persoal funcionario

  • 2 de técnico de Administración Especial, unha libre en execución de sentenza e outra de quenda libre
  • Unha de enxeñeiro técnico agrícola, en quenda de promoción interna
  • Unha de axente de emprego e desenvolvemento local, quenda libre, en execución de sentenza
  • Unha de técnico medio da área económica, consolidación de emprego temporal
  • 2 de educador social, quenda libre, en execución de sentenza
  • Unha de técnico medio de xestión, promoción interna
  • Unha de técnico en xardín de infancia, quenda libre
  • 6 de administrativo, quenda de promoción interna
  • Unha de delineante, quenda libre
  • 2 de Policía Local, quenda de mobilidade
  • Unha de oficial lector de contadores, quenda libre, reservada a discapacitados
  • 1 de auxiliar administrativo, quenda libre
  • 6 de bombeiro/condutor, quenda libre
  • Unha de oficial sepultureiro, quenda de promoción interna
  • Unha de axudante de cociña-limpeza, quenda libre, reservada a discapacidade intelectual
  • Unha de celador de colexio, quenda libre, reservada a discapacitados

Prazas de persoal laboral

  • Unha de oficial albanel, quenda libre
  • Unha de auxiliar do fogar, quenda de consolidación de emprego temporal
  • Dúas de peón, quenda de consolidación de emprego temporal

Noticias relacionadas