Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello

“É emocionante presidir un 8 de marzo a toma de posesión da primeira muller en ocupar este cargo na nosa Adminsitarción local. Con esta incorporación evidenciase o cambio social que as mulleres estamos a protagonizar”, dixo a rexedora.

Venres, 08 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, efectivizou esta mañá a toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello, Ana María Rivas García, quen exerceu nos últimos anos como secretaria interventora no municipio de Becerreá. Esta toma de posesión coincidiu co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xa que Rivas García é a primeira muller que desempeñará de forma oficial este labor en toda a historia do Concello.

Neste sentido, a rexedora destacou a importancia de que as mulleres ocupen postos de responsabilidade na xestión pública. “É emocionante presidir como alcaldesa a toma de posesión da primeira muller en ocupar este cargo como habilitada nacional na nosa Adminsitarción local. Con esta incorporación evidenciase o cambio social que as mulleres estamos a protagonizar en todos os eidos da  nosa sociedade”, dixo Alvarellos Fondo tras dar a benvida á nova traballora municipal.

Así mesmo, a alcaldesa desexoulle sorte nesta nova etapa profesional. “Somos coñecedores da túa valía e estamos seguros de que afrontarás con éxito o desafío de liderar a secretaría municipal, pois os teus acertos serán tamén os deste Concello”. Pola súa banda, Rivas García deu as grazas á alcaldesa pola confianza depositada e dixo asumir “con gran responsabilidade” o seu novo posto na administración local lucense.

Multimedia

  • Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello
  • Paula Alvarellos efectiviza a toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello

Noticias relacionadas