O Concello de Lugo pecha os parques da cidade debido a unha alerta amarela por ventos de ata 80 km/hora

Mércores, 07 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo pecha os parques da cidade debido a unha alerta amarela por ventos de ata 80 km/hora

O Concello de Lugo informa de que ao longo desta tarde a área de Transición Ecolóxica, que dirixe Miguel Fernández, procederá a pechar os parques da cidade nas próximas horas ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO, por ventos de procedencia sur e suroeste que poden deixar refachos de até 80 km/hora e que afectarán a toda a provincia.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Noticias relacionadas