O Concello lanza actividades para impulsar entre a mocidade a moda sostible, o deporte, a música e a alimentación saudable

O edil Mauricio Repetto anima á xuventude a inscribirse na programación deste outono, “coas que queremos darlle alternativas de ocio divertidas, saudables e nas que aprendan”.

Sábado, 29 de outubro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello lanza actividades para impulsar entre a mocidade a moda sostible, o deporte, a música e a alimentación saudable

As persoas interesadas poden inscribirse en http://formulario.xuventudelugo.gal/

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto, lanza para este outono actividades para impulsar entre a mocidade lucense hábitos de vida saudable vinculadas co deporte e unha boa alimentación, así como co uso responsable da moda.

“Tratamos con todas estas actividades darlle alternativas de ocio á xuventude de Lugo que sexan divertidas e que ao mesmo tempo lles axude a adquirir hábitos sans e sostibles, incluso desde un punto de vista medioambiental, de acordo o modelo de cidade no que estamos a traballar”, sostivo o concelleiro.

As actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude e as persoas interesadas poderán inscribirse en http://formulario.xuventudelugo.gal/.

Actividades:

Obradoiro de moda circular, que busca ensinar á mocidade a darlle unha nova vida ás prendas de roupa que xa non utilizan.

  • Datas: do 4 ao 25 de de novembro.
  • Días e horas: os venres, de 17.00 a 20.00 horas.
  • Numero participantes : 20

Deportes:

Clases de zumba

  • Datas: do 7 de novembro ao 19 de decembro
  • Días e horas: luns, de 20.15 a 21.15 horas.
  • Número de participantes: 12

Ioga

  • Datas: Dende 2 de novembro ata o 21 de decembro
  • Días e horas: mércores, de 20.15 a 21.15 horas
  • Número participantes : 12

Escalada

  • Lugar: Rocódromo de Lugo
  • Datas: os días 5 e 27 de decembro.
  • Participantes: 18 cada día

Rutas de senderismo

  • 5 de novembro: O Courel: Devesa da Rogueira e Pico Formigueiros
  • 19 de novembro: Travesía do Faial da Pintinidoira
  • 3 de decembro: Travesía Val de Lóuzara
  • 17 decembro: Belén de Cumio. Ancares Lucenses. Pico 3 Bispos

Saída : Casa da Xuventude

Participantes : 26 persoas

 

Rutas- E-Bike

Catro rutas, que saíran ás 10.00 horas da Praz Pío XII para un total de 48 participantes:

  • Datas: 20 e 27 novembro, e 4 e 11 de decembro
  • Grupos de 12 persoas.

Tenis de mesa

  • Datas: Dende o 4 de novembro  ata o 23 de decembro.
  • Horario : de 18.00 a 21.00 horas.
  • Participantes :  24 persoas.

Outras actividades

Charlas de nutrición

  • Martes, 22 de novembro, as 17.00 horas: ‘Alimentación e diabetes, Como manexar a enfermidade’.
  • Martes,13 de decembro, ás 17.00 h: ‘Colesterol e triglicéridos, o seu manexo a través da nutrición’.

Lasser Tag

  • Data : 18 de decembro.
  • Horarios: Dende ás 10.00 horas ata ás 17.00 horas.
  • Participantes: Grupos de 12 persoas cada hora.

Obradoiro de percusión

  • Datas: Dende o 4 de novembro ata o 23 de decembro.
  • Horario : de 18.00 a 20.00h.
  • Participantes: 15 persoas.

Noticias relacionadas