O edil de Deportes destaca a importancia da Cross Ponte Romana de Lugo, “chamada a ser a de maior relevancia do noroeste español”

O concelleiro Mauricio Repetto alabou a figura de Mariano Castiñeira, homenaxeado nesta edición, “porque poñer en valor o atletismo, tanto na cidade coma na provincia de Lugo”

A quinta edición deste evento terá lugar os próximos 15 e 16 de xaneiro, nos arredores do Palacio de Feiras e Exposicións de Lugo.

Mércores, 12 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O edil de Deportes destaca a importancia da Cross Ponte Romana de Lugo, “chamada a ser a de maior relevancia do noroeste español”

O edil de Deportes do Concello de Lugo, Mauricio Repetto, participou hoxe na  quinta edición do Cross Ponte Romana, carreira que terá lugar esta próxima fin de semana e “promete ser unha desas xornadas inesquecibles para o atletismo lucense e galego”. “A proba está a ser chamada a converterse na de máis relevancia do noroeste español”, destacou.

O Cross Ponte Romana recúperase tras dous anos tras a pandemia, e faise cunha edición moi especial na que se renderá homenaxe a Mariano Castiñeira, tristemente falecido hai algo máis dun ano. O concelleiro alabou este figura e a “súa gran labor, médico traumatólogo de profesión, que tras a súa carreira como atleta converteuse nun dos mellores adestradores do panorama galego e nacional poñendo en valor o atletismo, tanto na cidade coma na provincia de Lugo”. Lembrou, así mesmo, o papel que tivo na promoción de grandes atletas coma Tito  Margaride, María Abel, Eldo e Alessandra Aguilar, Ricardo Castaño  Ripoll, Alberto  Alvarez Flores, Miguel Carballada, Carlos  Villamor e un longo etc, á parte do propio Adrián Ben Montenegro que agora mesmo, con tan só 23 anos, converteuse no mellor oitocentista español da historia polos seus últimos resultados no Mundial de Doha (sexto) e nos  JJOO de Tokyo (quinto).

A presentación tivo lugar no Hotel Forum CEAO, ademais do edil asistiron Manolo Cadramón, xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; o Deputado Provincial, Efrén Castro; en representación de Leche Rio, Jesús García e Pepe Sánchez del Valle, xerente de ChampionchipNorte.

A celebración deste evento e o seu formato queda condicionada á evolución da pandemia e á normativa vixente da  RFEA no momento da súa celebración. Todos os participantes e clubes deberán cumprir o protocolo COVID-19 vixente no momento e cumprir as seguintes condicións:

  • Certificado  Covid coa pauta completa de vacinación a condición de que pola súa idade fose citado polas autoridades sanitarias ou presentar un certificado médico de pasar a enfermidade.
  • Declaración responsable sobre o estado de saúde.

Mariano Castiñeira Vilaseca:

Mariano  Castiñeira, consumado  ultrafondista, destacou en probas de 100 quilómetros, Mariano exerceu como médico na localidade da Pontenova, onde descubriría a un novísimo Tito  Margaride, ao que tutelou deportivamente en toda a súa carreira e que estivo a piques de clasificar para os  JJOO de Barcelona.

Da man de Mariano tamén xurdiron destacados fondistas do panorama lucense como María Abel ou Alessandra Aguilar, ambas as presentes en varios JJOO ou tamén outros internacionais como Alberto  Alvárez, Carlos  Villamor ou Adrián Ben.

Comezou a súa carreira como adestrador no ano 1980, e foi un dos fundadores do  actul club lucense de atletismo Lucus  Caixa Rural: Formou a Adrián Ben, Alessandra Aguilar, María Abel, Tito  Margaride ou Miguel González. Un símbolo do atletismo galego por algo máis que polos seus labores de adestrador xa que non soamente foi o artífice da formación deportiva de grandes atletas senón o protagonista dunha forma humanista de entender o deporte e a vida.

Audio

  • O edil de Deportes, Mauricio Repetto, sobre a quinta edición do Cross Ponte Romana | Descargar mp3

Noticias relacionadas