O Executivo de Lara Méndez creará tres novos espazos deportivos nos terreos municipais de San Fiz

O responsable de Deportes, Jorge Bustos, anunciou que se vai a acondicionar un campo de rugby, unha pista de fútbol sete e un campo para beisbol e softball que ademáis contarán con vestiarios e aseos modulares.

“Este proxecto está a desenvolverse en contacto permanente co tecido deportivo da cidade, neste caso cos clubes das disciplinas implicadas”, sinalou o edil. 

Luns, 20 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Lara Méndez creará tres novos espazos deportivos nos terreos municipais de San Fiz

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellería de Deportes que dirixe Jorge Bustos, ultima a posta a disposición da veciñanza de tres novas instalacións deportivas na contorna de San Fiz. Na actualidade este espazo, que no ordenamento municipal urbanístico prevese como solo dotacional, conta cun campo de rugby e outro de fútbol que serán acondicionados por parte do Goberno local para que poidan acoller a práctica deportiva. Ademais, existe un terceiro espazo no que a concellería de Deportes plantexa habilitar un campo de Beisbol e Softball.

“Este proxecto está a desenvolverse en contacto permanente co tecido deportivo da cidade, neste caso, cos clubes das disciplinas implicadas na instalación de rugby e na futura de beisbol. Ademais, o campo de fútbol será habilitado para a práctica de fútbol sete, dese xeito contribuímos a cubrir a alta demanda que existe na nosa cidade para acoller partidos desta disciplina debido ao elevado número de equipos e categorias existentes”, asegurou Bustos.

O concelleiro explicou que o primeiro será  dotar de infraestrutura sanitaria aos campos para a correcta práctica deportiva e fomentar o bo usodos recintos. “Como eixo transversal do proxecto, e co obxectivo de que a posta a disposición dos clubes se produza o máis axiña posible, optamos por instalar modulos prefabricados que funcionarán como vestiarios e aseos para dar servicio aos tres espazos. Tamén se acondicionará os accesos para garantir a seguridade” indicou o edil.

“Unha vez realizado este investimento, a idea é ceder a explotación  do campo de rugby ao Muralla RC co que xa se atopan moi avanzadas as conversas. Esta decisión vén determinada pola traxectoria deste clube,  único desta disciplina na nosa cidade e que aúna a tradición rugbísitca iniciada polo Xabarín RC e o Euita RC nos anos 80”, relatou o concelleiro quen matizou que o proxecto deportivo presentado pola entidade motivou a decisión do Executivo de Lara Méndez de apoiar esta disciplina para promocionar a súa expansión a nivel autonómico e nacional.

A mesma fórmula será utilizada coa futura instalación de Beisbol e Softball. De feito,  xa se mantivo un encontro con menbros do club de beisbol CBS Marineros de Lugo para analizar a posibilidade de adaptar este espazo ao uso regular desta disciplina.

Audio

  • Jorge Bustos, sobre os terreos municipais de San Fiz | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas