O Executivo de Lara Méndez inviste máis de 252.000 euros en mellorar a contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia

O proxecto, cuxa licitación será aprobada o xoves en Xunta de Goberno, inclué a renovación e ampliación das beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo.

Os traballos contemplana a dotación dun novo sistema de alumeado público de máxima eficiencias que dará servizo as rúas Serra de Outes e Saúde así como nos espazos para aparcadoiros da zona.

A concelleira de Sostenibilidade Urbana, Paula Alvarellos, sinalou que estas melloras se acometerán baixo criterios de perpectivade xénereo e supoñen unha modernización total deste punto neuralxico do barrio.

Martes, 05 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Lara Méndez inviste máis de 252.000 euros en mellorar a contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia

O Executivo de Lara Mendez inviste máis de 252.000 euros en mellorar a contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia. O proxecto, cuxa licitación será aprobada o xoves en Xunta de Goberno, inclúe a renovación e ampliación das beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo, así como a dotación dun novo sistema de alumedado público diseñado baixo criterios de perspectivas de xénero. “O obxectivo deste importante investimento é acometer unha modernización dos espazos públicos neste punto neuralixico do barrio da Residencia. O proxecto contribuirá a mellora dos acceso aos equipametos da zona, non só no CIS, senón tamén no transporte público, nos espazos para aparcadoiros ou nos espazos comerciais actuais e futuros do barrio”, sinalou a concelleira de Urbanismo, Paula Alvarellos.

Estes traballos, cuxo prazo de execución será de tres meses, prevén a dotación dun novo alumeado composto por un sistema de tecnoloxía LED de máxima eficiencia enerxética. A rede dará servizo a toda a contorna do complexo administrativo, incluíndo as vías de trásito de vehículos e as zonas peonís.  Ademais, estará xestionada por un cadro de mando que permitirá unha adminsitración intelixente dos recursos enerxéticos. En total está previsto instalar un sistema capaz de soportar unha potencia total de  8.215 watios, o que supera as necesidades da nova instalación, permitindo así futuras ampliacións.

Así mesmo, o Goberno local aposta pola reposición completa das beirarrúas nas vías adxacentes ao complexo administrativo que, en moitos puntos, serán ampliadas ata un mínimo de 1,8 metros de ancho. Do mesmo xeito, serán instalados novos sumidoiros nas zonas que así o requiran para evitar apozamentos de auga e realizarase unha disposición dos elementos urbanos que permita un uso máis racional do espazo. “Co novo redimensionamento das zonas peonís buscamos unha mellora substancial da accesibilidade ao tempo que se amplia a zona de tránsito promovendo un incremento da actividade social neste punto do barrio da Residencia.”, explicou Alvarellos.

“Este investimento busca unha dinamización comercial e social do barrio da Residencia. Ao abordar a planificación e deseño desta obra de modernización cunha perspectiva de xénero, maximizamos os beneficios para os e as residentes das rúas Serra de Outes e Saúde, así como para os usuarios e as usuarias da zona, atendeno as necesidades específicas das mulleres e promovendo contornas urbanas máis inclusivase seguras, como estamos a facer en todo o proceso de transformación da cidade”, concluíu a edila.

Audio

  • Paula Alvarellos, sobre a contorna do Centro Integral de Saúde da Residencia | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas