O Executivo local impulsa xunto ao tecido asociativo unha completa axenda deportiva para San Froilán 2023

Deportes colabora coas entidades na organización de máis dunha ducia de eventos e trofeos para conmemorar as festas patronais.

O obxectivo é promover a participación da veciñanza e promocionar as moitas disciplinas que se están a practicar no noso municipio.

“Estas torneos de carácter extraordinario sen dúbida axudarán a impregnar as festas dos valores que transmite o deporte e contribuirán á difusión da nosa cultura”, sinalou Jorge Bustos.

Xoves, 21 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo local impulsa xunto ao tecido asociativo unha completa axenda deportiva para San Froilán 2023

O Executivo de Lara Méndez impulsa, da man do tecido asociativo, unha completa axenda deportiva con motivo da celebración das festas de San Froilán. A concellería de Deportes, que dirixe Jorge Bustos, está a colaborar desde hai varias semanas coas persoas responsables das entidades locais na organización de máis dunha ducia de eventos e trofeos que conmemoran as festas patronais. “O noso obxectivo é impulsar as iniciativas que parten dos clubs e prestar soporte en todo aquelo no que poidamos axudar. Estes trofeos conmemorativos traerán á cidade unha gran cantidade de deportistas e seguidores o que constitúe unha magnifica ferramenta de promoción de Lugo e das nosas festas”, sinalou o edil da área.

Desde o próximo 23 de setembro e ata o 12 de outubro, Lugo concentrará citas deportivas de diferentes modalidades entre as que se atopan o judo, o atletismo, o fútbol, o baseball, o softball, o golf, o hockey en liña ou o voleiball. “A estes trofeos de carácter extraordinario, que conmemoran a figura de San Froilán e que, sen dúbida, axudarán a impregnar as festas dos valores que transmite o deporte, súmanse ás competicións profesionais do Río Breogán, o Ensino, o EMEVE e o CD Lugo. A celebración destes encontros nunhas datas tan sinaladas vai contribuír a incrementar a afluencia de público foráneo e, por tanto, á difusión dos nosos festexos”, valorou o concelleiro, que estima que esta considerable concentración de citas deportivas reportará máis de 3.000 visitantes e máis dun millar de participantes.

Por último, o responsable de Deportes, agradeceu a forte implicación dos diferentes clubs deportivos da cidade no impulso deste amplo programa de actividades deportivas. “Lugo pode presumir de contar cun tecido deportivo vivo, forte e pegado á veciñanza. Aspiramos a que o deporte sexa protagonista desta edición do San Froilán dentro da nosa estratexia de promocionar a urbe como destino turístico deportivo. O obxectivo é promover a participación veciñal e difundir as moitas disciplinas que se están a practicar no noso municipio ao tempo que difundimos a nosa cultura e o noso patrimonio natural cara o exterior a través dunha canle tan potente como é o deporte”, rematou Bustos.

Audio

  • O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, sobre as actividades do San Froilán 2023 | Descargar mp3

Noticias relacionadas