O paseo do Miño acolle este domingo o último mercadiño do verán á beira do río, impulsado polo Goberno de Lara Méndez

O obxectivo desta iniciativa é dinamizar a contorna fluvial e promover os productos locais e de proximidade. Terá lugar de 11 a 15 horas e de 17 a 21 horas.

O executivo municipal decidiu ampliar a programación en setembro, debido ao éxito de participación nas diferentes citas que se levaron a cabo en xullo e agosto.

Venres, 09 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O paseo do Miño acolle este domingo o último mercadiño do verán á beira do río, impulsado polo Goberno de Lara Méndez

O paseo do Miño acollerá este domingo o derradeiro mercadiño do verán á beira do río, enmarcado no movemento Localmente Lucense, que puxo en marcha a rexedora, Lara Méndez. Esta iniciativa naceu co obxectivo de dinamizar a contorna fluvial e promover os productos locais e de proximidade durante a época estival e “resultou moi fructífera, como demostra o interese mostrado pola cidadanía e os comerciantes da cidade, o que se traduciu nun éxito de participación nas diferentes citas que se organizaron ao longo das últimas semanas”, valorou a alcaldesa.

Trátase de mercadiños multidisciplinares, organizados dende a área de Desenvolvemento Local do Concello, que dirixe Ana Abelleira, nos que converxen postos de comercios locais, obradoiros infantís, espazos para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, así como unha zona decorada para facer pícnic, música ambiente e concursos.

“En cada cita hai vinte prazas para comercios da cidade e dez para particulares, asociacións e colectivos que desexen presentar ou vender os seus produtos, de xeito que o obxectivo é achegar artigos de km0 e de establecementos de proximidade do municipio ao público nun ambiente distendido e nun entorno natural único como é a ribeira do Miño, moi concorrida durante os meses de verán” lembrou Méndez.

O mercadiños teñen lugar os domingos, de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas, para facilitar a participación de comerciantes e que poidan ofrecer os seus produtos fóra da tenda. Así, a última cita terá lugar este domingo, 11 de setembro, e as inscricións están abertas na páxina web www.localmentelucense.gal/mercados, onde tamén están dispoñibles as bases e máis información.

Os mercadiños combinan postos de comercios locais, obradoiros infantís, espazo para que particulares e asociacións mostren os seus produtos, zona decorada para facer pícnic (reserva de parcelas en www.localmentelucense.gal/mercados), música ambiente, photocall e concursos con premios por valor de 1000 euros cada día en vales de compras nos comercios adheridos ao movemento Localmente Lucense.

Multimedia

  • O paseo do Miño acolle este domingo o último mercadiño do verán á beira do río, impulsado polo Goberno de Lara Méndez

Noticias relacionadas