O paseo do Miño acolle este martes o espectáculo Brinca Vai! dentro da programación da Capital da Cultura vencellada ao río

A actividade, que leva o selo do músico e actor Paco Nogueiras, terá lugar ás 19:30 horas na contorna que se corresponde coa zona pública de baño.

Toda a información sobre esta e outras actuacións do ciclo pode consultarse en www.lugocapitaldacultura.com

Luns, 10 de xullo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O paseo do Miño acolle este martes o espectáculo Brinca Vai! dentro da programación da Capital da Cultura vencellada ao río

O paseo fluvial do Miño acollerá este martes, ás 19:30 horas, o espectáculo Brinca Vai! de Paco Nogueiras.

O escenario será a contorna natural que se corresponde coa zona pública de baño. Un emprazamento que o Concello de Lugo quere reivindicar como espazo aberto e de utilidade para a veciñanza, especialmente durante os meses de verán cando a paisaxe e o bo tempo animan a gozar desta parte da cidade dunha forma máis intensa.

A actividade, baseada no libro que leva o mesmo nome, combina cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos aos que Paco Nogueiras xa ten acostumado ao público.

Da man da súa querida ‘Máquina’, o actor ofrecerá unha divertida viaxe chea de humor, baile e música na que as alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía e as festas do ano como o magosto, o samaín, o entroido ou o nadal, así como o respecto á lingua galega, serán parte do equipaxe.

A actuación enmárcase dentro da programación posta en marcha polo Executivo de Lara Méndez con motivo da Capital da Cultura do Eixo Atlántico que todos os martes do mes de xullo transformará o río Miño nun foco natural para desfrutar da cultura en familia.

Toda a información, así como do resto da programación pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com, onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.

Noticias relacionadas