O Vello Cárcere acolle unha charla informativa sobre a reclamación de gastos hipotecarios

A área de Participación colabora coa Unión de Consumidores de Galicia na organización desta actividade, que terá lugar o vindeiro martes 12 a partir das 20:00

Cristina López: "achegamos información de interese para centos de veciñas e veciños de Lugo, que están en disposición de reclamar os gastos relacionados coa formalización da súa hipoteca".

Luns, 11 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anuncioou que a Unión de Consumidores de Galicia realizará unha charla informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios en Lugo. López afirmou que con esta iniciativa, desde a Tenencia de Alcaldía preténdese "achegar información de interese para centos de veciñas e veciños de Lugo, que están en disposición de reclamar os gastos relacionados coa formalización da súa hipoteca antes de que remate o prazo".
A charla terá lugar este martes 12 de marzo ás 20.00 horas no Vello Cárcere, e enmárcase no ciclo de actividades informativas que Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha este mes de febreiro para explicar ás persoas consumidoras que aínda non o fixeron como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.

O obxectivo desta actividade é informar ás veciñas e veciños dos importes que  poden reclamar, do prazo do que dispoñen así como da documentación e procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación.

A actividade é completamente libre e non é precisa a inscrición previa.

Audio

 

Noticias relacionadas