Os 415 beneficiarios dos vales de material escolar poden recollelos dende mañá e ata o día 18

As listas definitivas de adxudicatarios das axudas do Concello poden consultarse no taboleiro de edictos, no centro Uxío Novoneyra e no 010

Martes, 03 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os adxudicatarios de subvencións a familias con escasos recursos para a compra de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos poderán recoller os vales que concede o Concello dende mañá mércores e ata o 18 de novembro. Para iso, deberán acudir en horario de 9:00 a 13:30 ás oficinas do Servizo de Educación, situadas no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. O Concello concedeu 456 vales a 415 familias da cidade.

Deberán presentar o DNI orixinal do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2015-2016 e a indicación do curso e centro docente.

Unha vez presentada a certificación, entregaráselle aos solicitantes un vale de 80 euros para cambiar por material educativo nas librerías, por un valor igual ao das axudas concedidas.

As listas definitivas das axudas para material escolar de educación infantil, ás que o Concello destinou 36.500 euros, poderán consultarse dende hoxe no taboleiro de edictos do Concello, nas oficinas do Servizo de Educación no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e no teléfono de atención cidadá 010.

Noticias relacionadas