Plan de tráfico con motivo da XVIII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental – Gran Premio Caixabank 2021

A XVIII edición da carreira popular Lugo Monumental terá lugar o vindeiro domingo, 19 de decembro.

A saída para Adultos terá lugar as 11:00h na Avenida de Ramón Ferreiro, a carón da Praza Horta do Seminario cunha distancia aproximada de 10 km.

Xoves, 16 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto, informaba no día de hoxe que, realizará unha serie de cortes en varios puntos das rúas afectadas con motivo da XVIII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental – Gran Premio Caixabank 2021.

Disporase dun operativo no que colaborará a Policía Local e numeroso persoal da organización do evento para acoutar mediante valos e elementos de balizamento, todo o circuíto polo que se desenvolve a proba deportiva, aos efectos de garantir a seguridade dos participantes e usuarios das vías de influencia. Igualmente se responsabilizarán de comunicar, coa suficiente antelación, ós veciños e locais comerciais que se poidan ver afectados.

Os días previos a proba, (2 días antes) procederase a colocar carteis informativos nos vados afectados polo itinerario da carreira. A proba tal como sucedeu nos anos anteriores irá encabezada e pechada por persoal da organización que circularán en bicicleta, e iran identificados como tal.

Cortes de tráfico con motivo da celebración da XVIII Edición da Carreira Popular Lugo Monumental – Gran Premio Caixabank 2021:

SABADO 18:

O tramo da Avenida Ramón Ferreiro anexo á Praza Horta do Seminario estará cortado desde as 16:00 h do sábado ao domingo 19 ás 18:00 h e non estará permitido aparcar neste tramo. Como alternativa, os vehículos procedentes da Avenida Ramon Ferreiro, desviaranse por Salvador de Madariaga cara a Praza da Constitución para poder acceder a Ángel López Pérez.

DOMINGO 19:

Ás 09:30h reducirase a un só carril o tramo da Ronda da Muralla, comprendido entre a Rúa do Teatro e a Avenida de A Coruña. A partires das ás 10:00h, os tramos cortados estarán ubicados en: Avenida Rodríguez Mourelo, Ángel López Pérez, Bispo Aguirre, Recatelo, Ronda da Muralla (a altura da Rúa Santiago), Rúa Villalba, Avenida Ramón Ferreiro (a altura da Rúa Cambria). E ás 10:30h procederase ao peche total do percorrido da proba, estando  previsto que o evento remate aproximadamente ás 12:30 h.

Unha vez finalice o evento, a excepción do tramo da Avenida Ramón Ferreiro, procederase a reanudar a circulación de novo.

Noticias relacionadas