A Policía Local incorpora un novo vehículo híbridos

Mércores, 12 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local incorpora un novo vehículo híbridos

O Concello de Lugo amplía á frota cun novo vehículo para a Policía Local. É un modelo Hyundai Tucson, híbrido de tracción total que, “repercutirá en máis seguridade e protección da cidadanía” apuntaba a rexedora.

Este novo coche policial está dotado con todo o equipamento de emerxencias necesario para a boa xestión dos labores policiais, extintor de 6 kg, caixa de primeiros auxilios, batería auxiliar para os sistemas ópticos / acústicos e de comunicacións, dúas lanternas profesionais, lámpada de lectura de mapas no posto do acompañante, mantas ignífugas, sabas térmicas, cinta de balizamento policial con dispensador, tetrápodos, sinais con trípode para realización de controis e sinalización circunstancial, etilómetro para probas de alcoholemia, lector de microchip de animais, luvas de nitrilo, ferramenta rompe-vidros e cortacinturones, maletín con balizas luminosas para sinalización e moble organizador en parte traseira para zona de traballo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o Intendente Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, recoñeceron que con esta nova incorporación, "continuamos reforzando os recursos para mellorar o servizo de control viario da Policía Local".

Coa incorporación do Hyundai Tucson, a Policía Local de Lugo conta actualmente con seis radio patrullas con kit de detidos, tres de eles híbridos, un suv híbrido, dous todoterreos un furgón de atestados e seis motocicletas.

Noticias relacionadas