Publicadas as listas definitivas da convocatoria de prazas de novo ingreso para as Escolas Infantís Municipiais no curso 2016-17

Os interesados poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación situada no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra, nas propias escolas infantís e no 010

O prazo para formalizar a matrículs é do 13 ao 23 de xuño, na escola na que os cativos teñan praza. O Concello convoca o día 28, ás 19:00 horas ás familias para coñecer a escola e a súa normativa

Mércores, 01 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publicou este mércores as listas definitivas de admitidos neste curso 2016-2017 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís, creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer. Todos os interesados poden consultar estas listas no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación situada no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010.

O prazo para formalizar a matrículo é do 13 ao 23 de xuño, na escola na que os cativos teñan praza. Ata o día 31 de agosto poden presentarse solicitudes de novo ingreso de menores nacidos con posterioridade ao 24 de marzo do 2016, día seguinte á finalización de presentación de solicitudes dentro desta convocatoria.

O Concello convoca ás familias de todos os nenos adminitos para unha xuntanza o día 28 de xuño, ás 19:00 horas, co fin de que coñezan a escola e a súa normativa. Para formalizar a matrícula, é necesario achegar 2 fotografías tamaño carnet, fotocopia da tarxeta sanitária polas dúas caras, certificado médico e certificación bancaria da conta na que se desexe domiciliar o pagamento dos recibos pola utilización do servizo munipal de escola infantil.

Noticias relacionadas