Aberta dende hoxe a inscrición para o summer camp das Casas das Linguas do Concello

Trátase de actividades lúdicas de idiomas e manualidades dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 9 anos, que se celebrarán do 2 de xullo ao 30 de agosto, tanto nas instalacións municipais da Estrada da Granxa como de María Balteira

As persoas interesadas nestas actividades gratuítas poden anotarse ata o 29 de xuño, de 09:00 a 14:00 horas, nas propias Casas das Linguas. A selección será por orde de inscrición

Luns, 18 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, abre hoxe a inscrición para o summer camp das Casas das Linguas do Concello.

Trátase de actividades lúdicas de idiomas e manualidades dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 9 anos, que se celebrarán do 2 de xullo ao 30 de agosto, tanto nas instalacións municipais da Estrada da Granxa como de María Balteira, coa finalidade de proporcionar aos máis pequenos e pequenas da casa unha alternativa máis para o período vacacional, compatibilizando aprendizaxe e lecer. Ademais, con esta iniciativa o Goberno volve favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

As persoas interesadas nestas actividades gratuítas poden anotarse ata o 29 de xuño, de 09:00 a 14:00 horas, nas propias Casas das Linguas. A selección será por orde de inscrición. As actividades desenvolveranse por quincenas, unha primeira do 2 ao 13 de xullo, a segunda do 16 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 16 de agosto e a cuarta e última do 20 ao 30 de agosto.

En concreto, na Casa das Linguas da Estrada da Granxa, o Concello ofrecerá actividades lúdicas en inglés e alemán os luns e mércores, de 10:30 a 13:30 horas, e talleres de manualidades os martes e xoves, no mesmo horario. Pola súa banda, en María Balteira haberá actividades en inglés e francés os martes e xoves, e manualidades os luns e mércores, tamén de 10:30 a 13:30 horas.

Noticias relacionadas