A agrupación galega Harmonía Artificiosa ilustra o nacemento da "cantata" no terceiro concerto do Festival de Música Cidade de Lugo

Xoves, 12 de maio de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local

A música barroca e antiga centra boa parte do interese deste Festival de Música Cidade de Lugo 2011 e para ir abrindo apetito, neste terceiro concerto do festival, contamos coa actuación dunha agrupación galega, Harmonía Artificiosa, no salón de actos da Fundación Caixa Galicia mañá venres, día 13 de maio, ás 20.30 horas.

Harmonía Artificiosa dedicará o seu concerto a ilustrar o nacemento en Italia do xénero da cantata no século XVII. O interesante e fermoso programa inclúe obras de moitos dos máis salientables compositores italianos do Seicento: Claudio Monteverdi, Giovanni Felice Sances, Barbara Strozzi e Benedetto Ferrari.

Esta nova agrupación galega estará formada nesta ocasión por dúas sopranos, a pontevedresa Ana Jesús Sánchez e a portuguesa Manuela Lopes de Castro, o clavecinista Diego Fernández (natural de A Guarda), o tiorbista ourensán Juan Manuel Vázquez e o gambista vigués Baldomero Barciela.

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local en todos os concertos.

Concerto 3
Chi sa amar?: o nacemento da cantata no século XVII
HARMONIA ARTIFICIOSA
Obras de Monteverdi, Sances, Strozzi, Ferrari

Multimedia

Noticias relacionadas