A Alcaldesa de Lugo lanza unha campaña contra a submisión química da man dos locais de ocio nocturno e hostalería

A Alcaldesa de Lugo presentou hoxe unha nova iniciativa para sensibilizar e previr contra esta nova forma de violencia machista, onde se pon o foco nos agresores.
 
A través desta iniciativa, “pretendemos concienciar contra este tipo de actos e aumentar a protección das vítimas, facilitando a primeira atención das mulleres nos mesmos locais”.
 
Segundo datos dun estudo realizado INTCF, unha de cada tres agresións sexuais nos últimos cinco anos en España producíronse coa vítima en estado de submisión química.

Venres, 10 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo lanza unha campaña contra a submisión química da man dos locais de ocio nocturno e hostalería

A Alcaldesa de Lugo presentou hoxe, acompañada da concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, e o presidente do colectivo de locais do ocio nocturno, Juan Agra, a campaña "Diversión non é submisión", para a sensibilización e prevención contra a submisión química, onde se pon o foco nos agresores e na primeira atención as vítimas. A iniciativa desenvolverase conxuntamente, tamén co apoio da Asociación de Hostaleiros.
 
A rexedora lembrou que “unha de cada tres agresións sexuais nos últimos cinco anos en España producíronse coa vítima en estado de submisión química”.
 
Segundo os datos do NTCF, en España, no 2021 houbo 3.001 solicitudes de investigación de casos de agresións sexuais e pediuse estudo de submisión ou vulnerabilidade química en 994 casos, é dicir, máis do 33%. O 72,1% dos casos analizados deron positivo nalgunha substancia, nun contexto onde o 92,4% das vítimas foron mulleres. A maiores, o Ministerio de Xustiza advirte que no 80% dos casos de submisión química en España están implicados coñecidos das vítimas.
 
A través desta campaña búscase concienciar sobre esta nova forma de violencia machista, incrementar a protección das vítimas e facilitar a primeira atención da muller baixo os efectos da submisión química. “Debemos dotar á xente de ferramentas informativas para que tome conciencia. Non queremos xerar un clima de alarma, todo o contrario; máis ben de seguridade”.
 
A iniciativa campaña tamén se centra en responsabilizar aos agresores, que baixo ningunha escusa poden ignorar ou mitigar a gravidade do delito que comenten.
 
A campaña inclúe a colocación de 1.000 adhesivos con códigos QR nos locais de ocio nocturno e de hostalaría, que reenvían a unha páxina con información sobre o que é a submisión química, os indicadores de sospeita e sobre como actuar. “O máis importante é comunicar o sucedido o antes posible ás persoas responsables do locais”, destacou a concelleira Silvia Alonso.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a campaña "Diversión non é submisión" (1) | Descargar mp3
  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a campaña "Diversión non é submisión" (2) | Descargar mp3

Multimedia

  • A Alcaldesa de Lugo lanza unha campaña contra a submisión química da man dos locais de ocio nocturno e hostalería

Noticias relacionadas