A Alcaldesa felicita á Escola Politécnica polo primeiro concurso de traballos de fin de grao de enxeñaría agrícola, que visibiliza o papel da muller no rural

Mércores, 01 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa felicita á Escola Politécnica polo primeiro concurso de traballos de fin de grao de enxeñaría agrícola, que visibiliza o papel da muller no rural

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este luns na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior na entrega de premios da primeira edición do certame de traballos fin de grao Enxeñaría e Muller Rural, uns galardóns que recaeron nos enxeñeiros Verónica Gómez e Alberto Santín, e que contan ademais co patrocinio de Proepla e Pathogen. No acto tamén participou o Vicerreitor de Coordinación do campus lugués, Javier Bueno, a profesora da USC e presidenta da comisión xulgadora dos traballos, María Dolores Fernández, e a directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta, Inés Santé.

No acto, a rexedora felicitou á USC e á Escola Politécnica pola implicación e a importancia da temática deste primeiro premio, a muller rural, unha iniciativa que axuda a visiblizar o problema da desigualdade e a palialo para conseguir unha igualdade real.

Para Lara Méndez é impensable pensar no rural de Galicia e de Lugo sen o papel decisorio da muller, moitas veces invisible. Ademais, avogou por desenvolver o rural entre todos, enxeñeiros e administracións, "porque sin rural non hai futuro, posto que estamos a falar dun elemento clave de desenvolvemento".

O certame foi convocado coa pretensión de pór en valor e premiar aqueles traballos fin de grao de enxeñaría agrícola asinados por alumnas ou que tiveran como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural.

Noticias relacionadas