O Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confradía do Bo Xesús no seu 75 aniversario

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, foi o encargado de recoller o distintivo nun emotivo acto organziado pola irmandade.

“O compromiso constante da confraría coa difusión da historia e a promoción dos nosos tesouros patrimoniais é fundamental para fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu legado”, sinalou o concelleiro.

Sábado, 13 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confradía do Bo Xesús no seu 75 aniversario

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, recibiu esta mañá en nome do Concello de Lugo a insignia de honra outorgada pola Confraría do Bo Xesús no acto para conmemorar o 75 aniversario da irmandade. Este recoñecemento, entregado en virtude do compromiso e apoio prestado pola cidade de Lugo a esta entidade desde mediados do século XX, simboliza a colaboración entre a Administración lcoal e a irmandade.

“Sen dúbida, a rica tradición e o invaluable labor que a Confraría desempeña na divulgación e conservación do patrimonio histórico e artístico da nosa cidade son dignas de admiración. A súa dedicación contribúe significativamente a preservar as raíces culturais que dan forma á identidade de Lugo e que, co paso dos anos, tórnanse máis valioso se cabe”, sinalou Repetto tras o emotivo acto.

Así mesmo, o concelleiro agradeceu a contribución das persoas cofrades na difusión da imaxe da nosa cidade. “O compromiso constante da confraría coa difusión da historia e a promoción dos nosos tesouros patrimoniais é fundamental para fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu legado. A través do seu esforzo, xeracións presentes e futuras terán a oportunidade de apreciar e valorar a riqueza histórica e artística que nos define como urbe”, concluíu.

Multimedia

  • O Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confradía do Bo Xesús no seu 75 aniversario
  • O Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confradía do Bo Xesús no seu 75 aniversario
  • O Concello de Lugo recibe a insignia de honra da Confradía do Bo Xesús no seu 75 aniversario

Noticias relacionadas