A alcaldesa Paula Alvarellos visita Aspnais onde reitera o compromiso do Goberno local co tecido social

“A vosa traxectoria constitúe todo un referente de como a vontade e o compromiso da veciñanza pode contribuír á integración social e laboral”, sinalo a rexedora.

Alvarellos Fondo reivindica que a Xunta poña ao dispor dos colectivos asistenciais 22lucenses as antigas instalacións da asociación na rampla de Claudio López.

Mércores, 14 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos visita Aspnais onde reitera o compromiso do Goberno local co tecido social

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou esta mañá as instalacións de Aspanais. A rexedora, que estivo acompañada pola responsable da área de Cohesión Social, Ana Aballeira, e pola edila de Relacións Institucionais, Lara Méndez, puido coñecer de primeira man como se desenvolve a actividade diaria deste colectivo na súa actual sede situada no antigo hospital de San José. As novas instalacións, cuxo proxecto técnico foi financiado polo Concello de Lugo, están en funcionamento desde finais de 2022. Esta mundanza pemitiu a este colectivo social non só unificar os seus servizos, senón tamén duplicalos, gañando un novo espazo de 10.000 metros cadrados, con capacidade para atender a 300 persoas.

A rexedora, que compartiu tempo con distintos grupos de persoas usuarias do centro, felicitou a Aspnais  polo seu excepcional labor. “A vosa traxectoria constitúe todo un referente de como a vontade e o compromiso da veciñanza pode contribuír á integración social e laboral.  Desde fai máis de medio século, día a día, cunha gran dedicación, lograstes mellorar a calidade de vida e favorecer a integración das persoas con diversidade funcional”, sinalou a alcaldesa.

Así mesmo, Alvarellos Fondo reiterou o compromiso do executivo municipal con esta causa. Neste sentido, a rexedora lembrou a necesidade de poñer, de forma integra, ao dispor dos colectivos lucenses as antigas instalacións da Asociación de Pais ou Titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo, situadas na rampla de Claudio López. “Trátase dunha demanda particular do tecido social da que desde o Goberno local apoiamos desde o primeiro momento e da que nos estamos facéndonos eco sen atopar unha resposta concreta por parte do Goberno autómico”, concluíu.

Multimedia

  • A alcaldesa Paula Alvarellos visita Aspnais onde reitera o compromiso do Goberno local co tecido social

Noticias relacionadas