Ana González Abelleira participa na lectura de contos escritos por persoas con discapacidade ou enfermidade mental

Esta actividade enmárcase dentro da segunda edición da Semana Cultural para Persoas con Discapacidade en Lugo 2015, coa que colabora o Concello dentro da súa aposta polo traballo dos colectivos sociais

Mércores, 16 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira participa na lectura de contos escritos por persoas con discapacidade ou enfermidade mental

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este mércores no Salón de Plenos na lectura dos contos galardoados no Premio Internacional de contos escritos por persoas con discapacidade ou enfermidade mental Fundación Anade. Trátase dunha actividade enmarcada dentro da segunda edición da Semana Cultural para Persoas con Discapacidade en Lugo 2015, coa que colabora o Concello dentro da súa aposta polo traballo dos colectivos sociais e no seu compromiso de axudar a entidades en materia de dependencia. Ao acto tamén asistiron outros membros da Corporación Municipal e a representante da Fundación ANADE en Lugo, Ángeles Fernández.

Noticias relacionadas