Ana Prieto celebra o San Froilán no barrio barcelonés de Nou Barris

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico participou nos actos do San Froilán de Barcelona, que cada ano reúnen a unhas 50.000 persoas

Sábado, 03 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Prieto celebra o San Froilán no barrio barcelonés de Nou Barris

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, desprazouse este sábado ata Barcelona para celebrar o San Froilán no barrio barcelonés de Nou Barris, onde residen centos de lucenses e galegos e no que cada ano se dan cita unhas 50.000 persoas. No acto tamén estivo presente o presidente do distrito de Nou Barris, Santiago Alonso, o vicepresidente da Casa Galega de Hospitalet, Ricardo Fernández, e o presidente da Asociación de Amigos do San Froilán, Ramón Rey.

“Para o Concello de Lugo é un orgullo e un pracer ver como celebrades o noso patrón, aínda a 1.000 quilómetros da cidade amurallada”, subliñou a edil, quen definiu esta celebración como unha ocasión excelente para pór en valor os atractivos de Lugo e para estreitar lazos de amizade entre Barcelona e Lugo. A Concelleira tamén agradeceu o “bo facer” da Asociación de Amigos do San Froilán por recuperar á perfección o estilo popular e tradicional destas festas.

Ana Prieto tamén aproveitou a ocasión para desexarlle un bo San Froilán “a todos os lucenses que viven en Lugo e Barcelona e a todos os lugueses que nalgún momento marcharon de Galicia na búsqueda dun futuro mellor”.

Os festexos concluirán o domingo cunha misa e procesión na honra a San Froilán.

Noticias relacionadas