A área de Persoal reforza a Brigada de Augas con dous novos traballadores

O departamento que dirixe Pablo Permuy oficializou esta mañá a incorporación dun oficial fontaneiro e tramita a contratación dun oficial maquinista-fontaneiro.

Así mesmo, trabállase nunha modificación da RPT para que aqueles traballadores que cumpran os requisitos poidan promocionar de peóns a oficiais.

Estas contratacións súmanse a outras medidas impulsadas para dinamizar o servizo como a delegación no concelleiro de Transición Ecolóxica da contratacións necesarias para a resolución de avarías fóra dohorario da Brigada.

Mércores, 28 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Persoal reforza a Brigada de Augas con dous novos traballadores

A área de Persoal do Concello de Lugo, que dirixe o concelleiro Pablo Permuy, está a reforzar a Brigada municipal de Augas coa contratación de novo persoal. Esta mañá tomou posesión un novo oficial fontaneiro e se está a tramitar a contratación dun oficial maquinista-fontaneiro que se espera espera fáganse efectivas nas próximas semanas. Trátase de dous postos que están chamados a reforzar o labor que leva a cabo desde este servizo.

Así mesmo, en prol dunha optimización dos recursos humanos, trabállase nunha modificación da Relación de Postos de Traballo para que, aqueles traballadores do Servizo de Augas que cumpran cos requisitos, poidan promocionar de peóns a oficiais a través do proceso oportuno en función da necesidade de postos a cubrir.

Estas medidas únense a outras iniciativas implementadas polo Executivo de Paula Alvarellos para mellorar a operatividade na resolución de avarías e velar polo correcto funcionamento da rede de augas municipal. Deste xeito, na Xunta de Goberno local celebrada o pasado mércores 21 de febreiro, oficializouse a delegación de competencias no edil de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, para tramitar todas as contratacións que sexan necesarias para resolver incidencias e avarías na rede municipal que se produzan fóra do horario da Brigada de Augas.

“Trátase de garantir de forma permanente e continuada esta prestación, ante a imposibilidade de que o persoal municipal poida reparar todos os incidentes que afecten os elementos da rede de distribución de auga potable por unha cuestión de dispoñibilidade horaria dos operarios”, sinalou a este respecto o edil de Xestión Integral de Recursos Internos.

Audio

  • O concelleiro de Persoal, Pablo Permuy, sobre o reforzo da brigada municipal de Augas | Descargar mp3

Noticias relacionadas