As Aulas Abertas de Benestar Social regresan un Nadal máis para axudar ás familias coa conciliación

Venres, 09 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Aulas Abertas de Benestar Social regresan un Nadal máis para axudar ás familias coa conciliación

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Benestar Social que dirixe a concelleira Olga López Racamonde, abre o vindeiro día 13 de decembro o prazo de inscrición das Aulas Abertas para as vacacións de Nadal. A programación, segundo explicou Olga López, permitirá ás familias lucenses compatibilizar as súas obrigas laborais co período non lectivo.

Benestar Social ofrece un total de 120 prazas para o Nadal, explicou a Concelleira, ao tempo que explicou que as Aulas Abertas de desenvolverán en dúas quendas: unha primeira os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e outra os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. É dicir hai 20 prazas por centro e por quenda.

As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude do 13 ao 15 de decembro, ambos os dous días incluídos, ben de xeito presencial – entre as 09:00 e as 13:00 horas no centros de convivencia Uxío Novoneyra e Milagrosa, ben a través do enderezo electrónico aulasabertas@lugo.gal. As solictudes poderanse descargar a través da páxina web do Concello de Lugo: www.concellodelugo.gal, dentro do apartado Animación Sociocultural http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-animacion-sociocultural a partir das 09.00 horas do día 13.

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición e o listado de persoas admitidas publicarase o día 20 de decembro. A matrícula deberá formalizarse entre os días 21 e 22 de decembro, cubrindo o formulario modelo 603 de pago de taxas: http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603 , efectuando o abono da mesma e entregando o xustificante no centro de convivencia correspondente.

Máis info

Audio

  • A edil de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre as Aulas Abertas de Nadal | Descargar mp3

Noticias relacionadas