Avanzan as obras de mellora do viario municipal que comunica dúas parroquias por Abeledo e Recimil

O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou a actuación, da que se beneficiaran directamente preto de medio milleiro de veciños da zona.

Sábado, 08 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Avanzan as obras de mellora do viario municipal que comunica dúas parroquias por Abeledo e Recimil

O edil responsable de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou o avance das tarefas de mellora do firme do camiño de titularidade municipal que comunica os núcleos de Abeledo, na parroquia de Santa María de Bóveda, e Recimil, en San Lourenzo.

A obra, na que se invisten 54.825 euros, enmárcase no Plan Único Provincial de Cooperación. “O viario é moi transitado e a súa mellora beneficiará directamente a medio milleiros de veciñoas da zona”, segundo explicou Miguel Fernández.

O edil explicou que a actuación consistirá na limpeza e formación de cunetas para facilitar a circulación de augas de escorrentía, na extensión dunha capa de rodadura de mestura asfáltica en quente, previa regularización da superficie nas zonas máis deformadas ou con baches, e na sinalización horizontal e vertical no ámbito de actuación.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as obras de Abeledo e Recimil | Descargar mp3

Noticias relacionadas