A Banda Municipal ofrece mañá un concerto adicado á XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor

Mércores, 10 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, da que é responsable Carmen Basadre, organiza mañá, xoves día 11 de setembro, un concerto da Banda Municipal de Lugo, que estará adicado á XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor.

O concerto, dirixido por Rosendo Ivorra Jover, terá lugar ás 19:30 horas na Praza Maior, dacordo co seguinte programa:

- Coruña, de Faustino del Río
- La del Soto del Parral, de Soutullo e Vert
- Nabucco, de Verdi
- Coplas de mi tierra, de Palau
- Cantares do pobo, de A. Carricoba
- Posaunon Bravour, de Loffler
- Mujer esteponera, de Manuel Navarro

Noticias relacionadas