Benestar Social organiza unha nova viaxe cultural a Ponferrada enmarcada na Programación de Animación Sociocultural

A cidadanía interesada en asistir poderá apuntarse os días 13, 14, 15 e 16 de marzo.
 
Esta é a terceira saída cultural do ano tras visitar Sargadelos no mes de xaneiro e, o Museo Municipal Etnográfico e o Museo Xeolóxico en Quiroga.

Venres, 10 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar Social organiza unha nova viaxe cultural a Ponferrada enmarcada na Programación de Animación Sociocultural

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, oferta unha nova viaxe cultural a Ponferrada, enmarcada na Programación de Animación Sociocultural.
 
Así o anunciaba a Concelleira, quen explicou que a saída terá lugar o venres 24 de marzo. A xornada arrincará ás 09:30 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 20:00 horas. As e os veciños que participen nesta excursión municipal realizarán unha visita guiada á “Fábrica da luz. Museo da Enerxía”.
 
Esta é a terceira saída cultural do ano tras visitar Sargadelos no mes de xaneiro e, o Museo Municipal Etnográfico e o Museo Xeolóxico en Quiroga.
 
A cidadanía interesada en asistir poderá apuntarse os días 13, 14, 15 e 16 de marzo. Ao igual que na saída anterior, o día 13 só se poderán apuntar as persoas que non participaron en ningunha das saídas anteriores. A inscrición farase por rigorosa orde ata completar a capacidade do autobús, nos centros de convivencia Maruja Mallo, Milagrosa ou Uxío Novoneyra, en horario das 10:00 ás 13:00 h. Deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603 (http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603).

Noticias relacionadas