Carmen Basadre asiste á presentación da campaña turística De tapas por Galicia en Madrid

Luns, 22 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá en representación do Concello de Lugo a un acto de presentación da campaña De tapas por Galicia organizado por Turismo de Galicia para dar a coñecer a importante gastronomia galega.

Desta maneira, asistiu en representación do Concello de Lugo e acompañando ao establecemento gañador da pasada edición do Concurso de Tapas, o restaurante La Encina.

Carmen Basadre destacou a importancia de dar a coñecer a “excelente calidade dos menús pero tamén das tapas que se poden tomar en Lugo acompañadas de bos viños da Ribeira Sacra”. O acto celebrouse en Platea Madrid.

Multimedia

Noticias relacionadas